Preguntas frecuentes

BAIONA, 070720. TRAMO AUTOPISTA VAL MI„OR A SU PASO POR BAIONA.

Consulta a continuación as preguntas máis frecuentes dos nosos usuarios e usuarias.

Facturación

Ponte en contacto con nós a través de calquera das nosas canles de atención ao cliente. Facilitarémosche todos os datos necesarios para realizar o abonamento.

Category: Facturación

Contáctanos a través do correo electrónico atencionalcliente@autoestradas.com

Se o traxecto realizado foi abonado mediante o uso dun dispositivo Vía-T, envíanos un email indicando a matrícula do vehículo, o número completo do dispositivo vía T utilizado, así como a data en que se realizou o tránsito de que se trate. Para localizar o número do Vía-T revisa os adhesivos externos do dispositivo. Se non podes visualizalo debes dirixirte ao emisor que che proporcionou o Vía T.

Se o traxecto realizado foi abonado mediante o uso de tarxeta bancaria, envíanos un email coa numeración completa da tarxeta utilizada, así como a data en que se realizou el tránsito.

Category: Facturación

Se abonaches a peaxe mediante o uso dun dispositivo vía-T ou tarxeta podes descargar as túas facturas na seguiste página. Para iso, é necesario que estés dado de alta no servizo de e-factura.

Se aínda non es usuario deste servizo, esquece o papel e obtén as túas facturas en formato dixital a través do seguinte formulario.

Poderás consultar as túas facturas cando queiras e desde calquera lugar.

Category: Facturación

Si. Escríbenos a atencionalcliente@autoestradas.com indicándonos desde que data desexas solicitar as túas facturas.

A emisión de facturas anteriores á alta, por tratarse dun periodo xa declarado, xerarase en formato factura substitutiva expidindo unha factura por cada tránsito realizado.

Category: Facturación

Se abonaches a peaxe mediante o uso dun dispositivo Vía-T ou tarxeta podes consultar os tránsitos dos últimos tres meses aquí.

Se non dispós de PIN para realizar a consulta podes solicitalo aquí.

Category: Facturación

Vía-T

Podes consultar a listaxe de entidades emisoras en www.viat.es.

Category: Vía-T
  1. Comproba que o dispositivo Vía-T non está caducado.
  2. Comproba que a colocación do Vía-T no teu vehículo é a correcta.
  3. Asegúrate de que respetas a velocidade máxima establecida para a zona de peaxe.
  4. Se segue sen funcionar, diríxete á entidade emisora para explicarlle o teu caso.
Category: Vía-T

Debes poñerte inmediatamente en contacto co emisor que che proporcionou o Vía-T e informalo da incidencia.

Category: Vía-T

Sí, o OBE ten data de caducidade. De excedela, o semáforo da vía permanece en vermello e non se acciona a barreira.

Category: Vía-T

Revisa os adhesivos externos do dispositivo. Estes mostran unha data de caducidade asociada.

Se non podes visualizala, debes dirixirte ao emisor que che proporcionou o Vía-T.

Category: Vía-T

Revisa os adhesivos externos do dispositivo. Estes mostran o número de dispositivo asociado.

Se non podes visualizalo, debes dirixirte ao emisor que che proporcionou o Vía-T.

Category: Vía-T